viernes, 9 de diciembre de 2016

As vacas no prado


Materiais necesarios:

Landras, escarbadentes, pintura branca, negra e verde , unha cartolina verde pegamento, tesoiras, lá e catro paus.




Proceso:

Paso 1:

Pintamos 4 paus con cores naturais (tons verdes neste caso):
Paso 2:

Facemos as vacas empregando as landras (unha para a cabeza e outra para o corpo) e os escarbadentes (para facer as patas e os cornos

):



Paso 3:

Pintamos as figuras de branco con manchas negras como as vacas de verdade:




Paso 4:

Recortamos as esquinas da cartolina por razóns estéticas:


Paso 5:

Unha vez seca a pintura, pegamos as vacas na cartolina recortada e podemos engadir outras figuras que non se salan de contexto. (Eu engadinlle un can e un labrego):
Paso 6:

Atamos as esquinas dos 4 paus con lá para que éstos sirvan de marcos do prado:


Paso 7:

Pegamos os paus atados na cartolina:



E xa temos o noso propio rabaño de vacas pastando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario